Asset Publisher

Back Mostra de Pintura na Fábrica

Na sala de exposicións do Centro Cultural A Fábrica de Perillo inaugúrase o mércores 29 de novembro ás 20:00 horas, a mostra de pintura de María Rodríguez Rey co título “Os nosos tesouros”.
Unha parte das vendas serán destinadas a proxectos do Voluntariado de Oleiros.
A inauguración desta exposición contará coa presenza da autora e a mostra permanecerá ata o 12 de decembro, en horario de 9:00 a 15:00 horas e de 17:00 a 21:30 horas de luns a venres, e os sábados de 10:00 a 13:30 horas.