Novas

Asset Publisher

Back Mostra de Pintura dos traballos realizados polo alumnado da Escola Municipal de Artes Plásticas

 

O Departamento de Cultura inaugura este venres 17 de xuño ás 19:00 horas no Centro Cultural A Fábrica de Perillo unha mostra de pintura cos traballos realizados polo alumnado da Escola Municipal de Artes Plásticas do Concello de Oleiros.

 

A exposición permanecerá aberta ao público ata o 23 de xuño, no Centro Cultural A Fábrica (Rúa do Inglés, 13, Perillo – Oleiros) con horario de luns a venres, de 9.00 a 15.00 e de 17.00 a 21.30 horas e sábados de 10.00 a 13.30 horas.