Novas

Asset Publisher

Back Máis de 2000 exemplares do Premio Descubrindo Oleiros serán agasallados ao alumnado oleirense

O Concello de Oleiros agasallará, a finais do mes de abril, ao alumnado dos centros de educación primaria e secundaria do municipio cunha compilación de textos presentados ao Premio Literario Descubrindo Oleiros desde o 2014 até o 2016.

Trátase dun conxunto de relatos realizados polo alumnado dos centros de ensino público do concello cuxa temática xira arredor da contorna de Oleiros.

Desde o Servizo de Normalización Lingüística agardamos a que cando esta fermosa publicación chegue ás súas mans, se incremente o número de participantes na seguinte convocatoria de Descubrindo Oleiros no vindeiro ano.