Novas

Asset Publisher

Back IX CICLO DE MÚSICA VOCES CÁLIDAS PARA NOITES DE INVERNO: CONCERTO DE MJ PÉREZ

Sábado 19 de febreiro ás 20:30 horas

Auditorio da Fábrica (Perillo)

Concerto: MJPerez

 

Procedencia: Galicia

Elenco: MJ Pérez (guitarra e voz) e Iván Bernardez (guitarra). 

Público: Todos os públicos

 

Sinopse:

MJ Pérez presenta o seu último disco “A Luz Prendida”, un álbum que bebe da esencia da canción de autor mais que fusiona músicas do mundo coa incorporación de ritmos latinos e tamén un toque de pop-rock. Neste concerto, formato dúo, podemos ver a versión máis cercana ao público deste novo disco e tamén unha pequena viaxe polas cancións máis recoñecidas desta cantautora arzuá.

PREZO: As entradas poñeranse á venda unha hora antes do inicio dos espectáculos a un prezo de 3,50 euros.