Asset Publisher

Back II FOLIADA TRADICIONAL

 

 

Máis de 250 persoas participaron na segunda edición da Foliada tradicional organizada polo Departamento de Cultura e que tivo lugar o pasado domingo 7 de xuño no Parque do centro cultural As Torres de Santa Cruz. Dito parque convertiuse nun punto de encontro das agrupacións folclóricas do Concello: a A.C. O Amanexo de Dexo, Os Rueiriños de Nos, o Grupo de Baile e Gaitas Santaia de Santa Cruz, a Agrupación artística e cultural Semente Nova de Perillo, a Agrupación cultural Dorna de Dorneda, a Agrupación folclórica Folliñas de Oleiros e Frouma conviviron durante unhas horas nunha xornada festiva para compartir experiencias, proxectos e actuacións. As agrupacións A Marola de Mera e Semente Nova de Perillo non puderon participar nesta edición por ter compromisos adquiridos con anterioridade.

 

O bo tempo acompañou durante todo o día ás persoas asistentes que logo de xantar e de forma improvisada empezaron a cantar e a bailar de forma animada. Os máis cativos disfrutaron cun obradoiro de pintura e cunha ludoteca de xogos tradicionais elaborados artesanalmente a partir de materiais de refugallo e inspirados en xogos tradicionais de épocas e lugares diversos. Instalaronse máis de 30 xogos de precisión, de habilidade, de enseño e de cooperación a cargo da empresa Xandobela. As agrupacións empezaron a chegar a partir das 12.30 horas e a festa durou ata última hora da tarde.