Asset Publisher

Back II DIAS DE NADAL, AGASALLOS DE CULTURA

  

O departamento de cultura pon en marcha a segunda edición do seu programa de actividades de nadal: Días de nadal, agasallos de cultura. Dende o día 22 de decembro os nenos e as nenas poderán disfrutar dunha proxección de cine de animación, dun espectáculo de danza contemporanea, dun musical, dun espectáculo de teatro xestual e de diferentes obradoiros de artes plásticas con temática navideña.

Este é o programa de actividades:

1.Obradoiros de artes plásticas:

Centro cultural A Fábrica, de Perillo

Prazas limitadas: 15 prazas en cada quenda. Adxudicaranse por rigorosa orde de inscrición.

Terán preferencia as persoas empadroadas.

 

Luns 28: Obradoiro de Xoguetoloxía

  1ª quenda:10.30-12.00 horas. (dirixido a nenos e nenas nacidos entre os anos 2010 e 2012).

2ª quenda:12.30-14.00 horas. (dirixido a nenos e nenas nacidos entre os anos 2006 e 2009).

 

Martes 29: Obradoiro de Nadal con material de refugallo

 

1ª quenda:10.30-12.00 horas. (dirixido a nenos e nenas nacidos entre os anos 2010 e 2012).

2ª quenda:12.30-14.00 horas. (dirixido a nenos e nenas nacidos entre os anos 2006 e 2009).

Mércores 30 de decembro: Obradoiro de adornos de Nadal.

 

1ª quenda:10.30-12.00 horas. (dirixido a nenos e nenas nacidos entre os anos 2010 e 2012).

2ª quenda:12.30-14.00 horas. (dirixido a nenos e nenas nacidos entre os anos 2006 e 2009).

2.Cine:

Martes 22 de decembro ás 18:00 horas

Auditorio centro cultural A Fábrica, de Perillo

 

Proxección de “Maimiño e o espello máxico”

Maimiño e o espello máxico é unha longametraxe de animación para todos os públicos, baseado no conto infantil Polgariño e na versión libre deste creada por José Martí. Gañadora do Premio Mestre Mateo, do Premio Coral, do Premio Caracol de animación e do Premio Cibervoto.

Sinopse: Maimiño é un pequeno e pobre campesiño que inicia a maior aventura da súa vida. Terá que loitar por salvar o Palacio do Rei das tebras e da sede, enfrontarse a un carballo encantado, atopará á súa media laranxa... e tamén a unha ladroa que lle roubará o corazón.

Dirección e guión: Ernesto Padrón

Música: Silvio Rodríguez e Manuel Riveiro

Xénero: Animación

Duración: 78 minutos

A entrada será gratuíta con invitación, que poderá retirarse no centro cultural A Fábrica desde as 17 horas, ata completar a capacidade da sala.

Proxección dirixida a público familiar e especialmente recomendada para nenos e nenas con idades entre os 4 e os 11 anos.

 

3. Espectáculos:

Mércores 23 de decembro ás 18:00 horas

Auditorio Gabriel García Márquez, de Mera

A compañía de danza Entremans, presenta o seu espectáculo “Xoga”, escrito e dirixido por Ana Beatriz Pérez e Kirenia Martínez.

Sinopse: Xoga é un espectáculo para descubrir como eres e saber de que estás feit@. Un encontro didáctico que conxuga espazo escénico, audiovisual, música e danza, diversión, unión e espectáculo. Unha viaxe dende a imaxinación ao coñecemento.

Elenco: Kirenia Celia Martínez e Beatriz Pérez.

Xénero: danza contemporanea.

Duración: 50 minutos.

Prezo: 3,50 €

As entradas poñeranse á venda a partir das 17:00 horas, ata completar a capacidade da sala. Espectáculo dirixido a público familiar e especialmente recomendado para nenos e nenas con idades entre os 3 e os 6 anos.

Sábado 26 de decembro ás 18:00 horas

Auditorio Gabriel García Márquez, de Mera

Animundis Artes presenta o seu espectáculo “Animundis”, escrito por Benjamin Queiro e dirixido por Carlos Sante.

 

Sinopse: Espectáculo infantil multimedia de música e teatro. Coidadísimas composicións de funk, swing e rock, acompañadas de divertidas e participativas letras conforman o fío condutor desta obra coral na que dous actores e catro músicos contan a historia de Bim, o pingüín frioleiro, e Kiwi, o paxaro que non pode voar. O espectáculos que mostra as carencias dunha sociedade intolerante a través das tecnoloxías multimedia e a música infantil menos convencional.

Elenco: Anita Baker, Keke Diez, Manuel Brey, Carlos Clerins, Javier Sampedro e Nacho Goris.

Xénero: teatro musical

Duración: 60 minutos.

Prezo: 2,50 €

As entradas poñeranse á venda a partir das 17:00 horas, ata completar a capacidade da sala. Espectáculo dirixido a público familiar. Especialmente recomendado para nenos e nenas con idades entre os 3 e os 10 anos.

Mércores 30 de decembro ás 18:00 horas

Auditorio centro cultural A Fábrica, de Perillo

Katarsis Educación-Teatro, presenta o seu espectáculo “PA CAMA”, unha idea orixinal de Carolina Ramos e Kevin Stewart baixo a dirección de Omar Alvarez e Kevin Stewart.

 

Sinopse: “Pa cama” é un espectáculo non verbal para a primeira infancia. Trátase dunha exploración de xogos entre dous amigos que antes de dormirse descubren un mundo de aventuras  que lles distrae do sono. A súa inxenuidade fai que atopen diversión no máis sinxelo, en todo aquelo que lles rodea, no marco dun ambiente tan acolledor como é un dormitorio.   

Elenco: Kevin Stewart e Estibaliz Veiga.

Duración: 30 minutos.

Prezo: 2,00 €

As entradas poñeranse á venda a partir das 17:00 horas, ata completar a capacidade da sala. Espectáculo dirixido a público familiar. Especialmente recomendado para nenos e nenas con idades entre 1 e 5 anos.

Podes descargar o programa premendo aquí.