Asset Publisher

Back II CICLO DE MÚSICA: VOCES CÁLIDAS PARA NOITES DE INVERNO

 

 

Sábado 28 de febreiro ás 20.30 horas

Concerto de MARCOS MELÉNDREZ  “Bolero Atlántico”.

 

Unha voz como a de Marcos Meléndrez é das que se quedan na memoria. Os seus discos e actuacións con Los Doré nos anos 90 deixaron unha pegada en moitos afeccionados á música en Galicia.  Agora, cun trío formado por grandes músicos á guitarra, percusión e contrabaixo, volve cun espectáculo de boleros clásicos.