O domingo 23 de setembro, o Concello de Oleiros poderá disfrutar de tres pezas de danza enmarcadas dentro da cuarta edición do Festival QUINCEGOTAS, Festival de Danza na Rúa que terá lugar na Coruña do 21 ao 23 de setembro. Trátase dun Festival que abandona os seus espazos habituais de exhibición para atopar o seu escenario en diferentes rúas e prazas.
Na presente edición, as tres pezas representaranse o vindeiro domingo día 23 a partir das 13.00 horas en diferentes localizacións de Santa Cruz. Esta é a programación:
- 13:00 horas. Praza Esther Pita/Parque do Emigrante
UnaiUna: Dosis
- 13:10 horas. Praza Esther Pita/Parque do Emigrante
Cía. Entremans: Sí quiero
- 13:30 horas. Praza do Castelo
Diego Sinniger: Dis-Connect
Información compañías e espectáculos
UnaiUna. Espectáculo Dosis
Dirección, coreografía e interpretación: UnaiUna (Laura Lliteras e Marina Fullana)
Duración: 10 minutos
A Compañía UnaiUna xorde da relación de dúas mulleres moi diferentes pero que á vez son unha mesma. Laura Lliteras e Marina Fullana compartiron a súa formación como intérpretes e coreógrafas cursando o grado profesional de danza clásica (Conservatorio de Mallorca) e o grado profesional de danza contemporánea e o grado superior de coreografía (Institut do Teatre). Despois, entran no elenco da nova compañía ITdansa. A primeira peza que crearon foi “Dosis”, que obtivo o premio Art Jove de dansa contemporània Balears e o premio SóloDos en danza España, cunha xira por Costa Rica e que foi bailada en varios puntos de España e Europa. Outra peza creada recientemente é “ALL INCLUSIVE”, peza de sala ou rúa, que está rodando en diferentes puntos de España. Actualmente están traballando nunha nova peza que estrearán este maio: “Galejar” traballo que fala da relación do corpo e a voz.
Sinopse: Traballo baseado na tolemia que toda muller ten. Nas relacións e os diferentes estados que vive. Os dous corpos xogan a ser un con dous roles distintos, entrelázanse e buscan puntos de inflexión común onde ambas se cruzan mentres percorren o seu camino persoal. Puntos de relación que terminan sendo adictivos e necesarios, que tranforman unha relación vital nun escape para sobrevivir.
https://www.facebook.com/ciaunaiuna/
Cía. Entremans. Espectáculo Sí quiero
Dirección, coreografía e interpretación: Ana Beatriz Pérez e Armando Martén
Duración: 15 minutos
Entremans é unha compañía de danza contemporánea creada no 2006 por bailaríns cubanos residentes en Galicia. Mantén unha filosofía de traballo de grupo onde a creación e dirección artística xeralmente se realiza en colectivo, o que fai que non poida definirse como unha compañía ao uso. Combinan as súas producións con labores formativas, colaboracións teatrais e asistencias coreográficas.
Sinopse: Rodando volves atopar un pedazo de min que se quedou atorado na túa gorxa, estou cerca... medindo as distancias, agora podes respirar os perdóns que nos devolvemos despotricando bicos sen esquecer que sempre seremos dous nunha mesma roda...
http://www.ciaentremans.com/
Diego Sinniger. Espectáculo Dis-Connect
Diego Sinniger é un bailarín híbrido. De moi novo apaixónase polo hip hop e a cultura urbana. Decide formarse en varias técnicas de hip hop na escola Varium (Barcelona). Moi rápido, as súas inquietudes polo corpo e o movemento lévano a profundar a súa formación con técnicas de danza contemporánea. Como artista versátil e prometedor, integra grupos de danza como Brodas, Cobosmika, Lali Ayguade, Roser López Espinosa, Uniq, Dblock, entre outras.
Dis-Connect
Dirección e coreografía: Lali Ayguadé e Diego Sinniger Interpretación: Diego Sinniger
Duración: 13 minutos
Sinopse: Todo ser humano atópase nalgún momento en situacións de loita interna, onde loita contra sí mesmo para non caer no abismo do medo ou na desolación, por iso todos e cada un de nós, nese pequeno instante de incerteza somos capaces de elixir, definir e aceptar a nosa elección de tomar o control ou de ser controlados únicamente polos nosos pensamentos negativos, onde o amor non ten nin voz nin voto.