Asset Publisher

Back FESTAS INFANTIS NO ENTROIDO-OLEIROS 2014

 

 

              O entroido é unha das festas máis esperadas do ano e con máis tradición dentro das manifestacións culturais galegas. Encerra de seu unha dualidade. Así, nas actividades e rituais carnavalescos danse a man a orde e o caos, o bonito e o feo, o cultural e o natural ou animal, o grotesco, o satírico e o moralizante.
Como todos os anos, axudamos a dinamizar as festas de Entroido que se levan a cabo nas distintas casas do pobo e centros cívicos e que organizan as entidades socioculturais de cada parroquia. Esta é tamén unha maneira de fortalecer a súa identidade colectiva.
Un grupo de animación dinamizará estas festas mediante a realización de xogos, desfiles, bailes, actuacións musicais,… tanto para os máis pequenos como para os maiores, intentando crear un ambiente lúdico e festivo. Esta é a programación das festas:   
  
MONTROVE l 1 marzo l 17:30h. CENTRO CULTURAL
LORBÉ l 1 marzo l 18:00 h. CASA DO POBO
OLEIROS l 3 marzo l 17:30h. CASA DA REPÚBLICA
DORNEDA l 3 marzo l 18:00h. CASA DO POBO
NÓS l 4 marzo l 17:30h. CASA DO POBO
PERILLO l 4 marzo l 17:30h. Pavillón municipal CEIP VALLE INCLÁN
IÑÁS l 4 marzo l 18:00h. CASA DO POBO
DEXO l 4 marzo l 18:00h. CASA DO POBO
MERA l 8 marzo l 19:00h. CASA DO POBO
SANTA CRUZ l 8 marzo l 19:00h. CENTRO CÍVICO