Asset Publisher

Back Festas infantís de Entroido en Oleiros

 Con motivo da celebración do Entroido e co obxectivo de dinamizar as festas que se levan a cabo nas distintas parroquias e que organizan as entidades socioculturais nas casas do pobo e centros cívicos e culturais do Concello de Oleiros, o Departamento de Cultura coordina a contratación do servizo de animación destas festas, que se realizarán en diferentes datas do mes de marzo en diversas instalacións municipais.

Neste ano 2019 o cartel de Entroido toma coma imaxe o debuxo gañador do Concurso Imaxinando o Entroido, realizado polo alumnado do CEIP Luis Seoane, de Mera.

Para ver o cartaz preme aquí.