Asset Publisher

Back EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFÍA NA FÁBRICA

 

MOSTRA DE FOTOGRAFÍA  

DENDE O SUR: República Dominicana

 

 

Do 15 ao 29 de abril

Horario: de luns a venres de 9.00 a 15.00 e de 17.00 a 21.30 horas

Sábados: de 10.00 a 13.30 horas.

Centro cultural A Fábrica. Rúa do Inglés 13, Perillo-Oleiros

 

 

                O vestíbulo do centro cultural A Fábrica acolle desde o mércores 15 de abril a mostra fotográfica “Dende o Sur”, exposición realizada para a ACPP (Asamblea de Cooperación Pola Paz) polos fotógrafos Manu Brabo (Premio Pulitzer 2013) e Tania Juan, que amosa a realidade de colectivos de Honduras e da República Dominicana cos que a Asamblea de Cooperación pola Paz traballa.

Tania Juan visitou a República Dominica no 2012 para poder captar coa súa cámara as vidas cotiás de todas esas persoas que vense beneficiadas polos proxectos de Cooperación ao Desenvolvemento, pero que non todos temos a oportunidade de coñecer ou mirar aos ollos. Estas escenas cotiás contan como viven e como traballan por construírse un futuro. A través da mirada desta fotoxornalista temos a oportunidade de coñecer un pouco máis as problemáticas que afectan a países como a República Dominicana. As fotografías reflicten o seu día a día, o traballo duro que fan homes, mulleres, nenos e nenas por comer, educarse, crecer, sobrevivir, en condicións moitas veces pouco favorables.

Tania Juan participou de forma voluntaria coa ONGD Asemblea de Cooperación pola Paz (ACPP), co obxectivo de apoiar a visibilización das problemáticas dos países do Sur e do traballo que a organziación realiza para contribuir ao desenvolvemento desde a Cooperación.

 

Esta mostra forma parte da Campaña de Sensibilización en Galicia do proxecto “Mellora das capacidades para a prevención de desastres da poboación da Habana Vieja, recuperando o patrimonio cultural do municipio. Cidade da Habana. Cuba” que ten como obxectivo Fomentar a capacidade de prevención de desastres da poboación de La Habana Vieja, contribuíndo á recuperación dun Ben de Interese Cultural a través do acondicionamento do Centro de Interpretación na torre do Convento de Belen, que ACPP leva a cabo gracias ao apoio do Fondo Galego de Cooperación, do que o Concello de Oleiros é socio.

 

            A exposición terá un horario de luns a venres, de 9.00 a 15.00 e de 17.00 a 21.30 horas e os sábados de 10.00 a 13.30 horas e permanecerá na Fábrica ata o 29 de abril.