Novas

Asset Publisher

Back EXCELENTE ACOLLIDA ENTRE O PÚBLICO DA PROGRAMACIÓN CULTURAL NOS PRIMEIROS MESES DE 2015

 

O II ciclo de música Voces cálidas para noites de inverno e o programa teatral de marzo e abril organizados polo Departamento de cultura levaron aos auditorios municipais a máis de 2.600 persoas.

Máis de 500 persoas disfrutaron dos concertos programados no II ciclo de música Voces cálidas para noites de inverno celebrado durante o mes de febreiro no centro cultural A Fábrica de Perillo. As actuacións de Sisters in the house, Brais Morán, Marcos Meléndrez co seu espectáculo Bolero Atlántico e a presentación do último disco de Guadi Galego “Lúas de outubro e agosto” fixeron as delicias das persoas asistentes.

 No Auditorio Gabriel García Márquez, arredor de 2.200 persoas asistiron aos oito espectáculos teatrais programados nos meses de marzo e abril. Algunhas das compañías que representaron en Mera foron Chévere, Il Maquinario teatro, A Panadaría, Carlos Blanco ou Produccións Teatrais Excéntricas.