Asset Publisher

Back Este sábado 15 de novembro Lagarta, Lagarta presenta "O país do Pato Donald"

 

O vindeiro sábado 15 de novembro ás 20:30 horas a compañía teatral Lagarta, Lagarta, presenta no auditorio Gabriel García Márquez o seu espectáculo “O país do Pato Donald”, de Lagarta, Lagarta baixo a dirección de Xulio Lago.

 

Sinopse: Trátase dunha reflexión profunda sobre a derradeira estación da vida dun profesor de literatura que vive os seus últimos días a cabalo entre a realidade e as lembranzas    

Elenco: Ernesto Chao e Rosa Álvarez.

Xénero: drama.

Duración: 85 minutos.

 

Prezo: 2,50 euros. As entradas poñeranse á venda a partir das 19.30 horas, ata completar a capacidade da sala. Maiores 12 anos.