Asset Publisher

Back ESCOLA MUNICIPAL INFANTIL DE ARTES PLÁSTICAS

 

O departamento de Cultura comenzará no mes de xaneiro coa Escola Municipal Infantil de Artes Plásticas, dirixida a nenos e nenas de Educación Primaria, e que terá lugar na Casiña da Biblioteca Rialeda, en Perillo, os venres polas tardes, en dúas quendas diferenciadas:
 
Venres de 16.30 a 18.00 h: nenos e nenas nacidos entre os anos 2007 e 2009.
Venres de 18.30 a 20.00 h: nenos e nenas nacidos entre os anos 2004 e 2006.
 
Nesta escola se desenvolverá unha amplia gama de actividades de creación artística e expresión plástica (debuxo, pintura, barro, traballos manuais, etc.) estimulando a investigación, a creatividade, a sensibilidade estética e o interés pola arte.
 
As prazas serán limitadas, e para ter máis información ou formalizar a inscrición haberá que contactar co Departamento de Cultura.
 
Departamento de Cultura.
Rúa do Inglés, nº 13
15.172  Perillo-Oleiros
981.63.65.98
981 610 000. Ext. 4915 e  4916
Fax: 981.63.95.92
r.caparros@oleiros.org