Asset Publisher

Back ESCOLA MUNICIPAL DE OLERÍA

A partir do sábado 4 de marzo retomará a súa actividade a Escola Municipal de Olería do Concello de Oleiros.

 A escola plantexa dous grupos diferenciados para persoas adultas, un de iniciación á olería, con clases os luns e mércores de 18.00 a 20.00 h, e outro de perfeccionamento, para persoas con coñecementos previos, que terán clase os martes e xoves de 18.00 a 20.00 h.

 Retomarase ademáis a actividade destinada a nenos e nenas e á xuventude, con clases os sábados pola mañán no mesmo horario doutros anos: de 10.30 a 12:00 h. o obradoiro xuvenil e de 12:00 a 13:30 h. o obradoiro infantil.

 

Os obradoiros de Olería infantil e xuvenil estarán tamén presentes un ano máis no Programa de Actividades de Verán do Departamento de Cultura.

 

As prazas serán limitadas, ofertándose un total de 15 prazas para cada grupo, con preferencia de inscrición na primeira semana para persoas empadroadas no Concello de Oleiros, e as clases terán lugar no Alfar de Santa Cruz.

 

Máis información e inscricións a partir do mércores 22 de febreiro:

Departamento de Cultura.

Centro Cultural A Fábrica

Rúa do Inglés, 13

Perillo (Oleiros)

Tel. 981 610 000

Ext. 4915 e 4916