Asset Publisher

Back Doces de Nadal: concertos para xente larpeira

 

Concerto Arrolos de salitre. Xoves 26 de decembro ás 19.00 h

Concerto A nena e o grilo nun barquiño. Venres 27 de decembro ás 19.00 h

 
Auditorio centro cultural A Fábrica, Perillo.        
Público familiar. Idade recomendada: maiores 3 anos.
 
Prezo: 2 euros. As entradas poñeranse á venda a partir das 18 horas, ata completarse a capacidade da sala.
 
 
 
      A época de Nadal é tempo de festa, de convivencia e de divertimento. O departamento de cultura pretende que a música sexa o pretexto para que as familias se acheguen á Fábrica a pasar un rato agradable e enchelo de sorrisos e ilusións na que consideramos que é a época máis máxica do ano.
 
Arrolos de salitre
 
      Este concerto achéganos unha música especial coa que durmir aos bebés e aos non tan bebés. Os músicos de Berrogüetto Xabier Díaz e Guillerme Fernández e os seus arrolos de salitre son once cantigas de berce tradicionais e tamén novas composicións creadas para os máis pequenos e baseadas en textos de autores como Carlos Rivero ou o propio Xabier Díaz.
  
Elenco: Guillerme Fernandez (guitarra), Xabier Díaz (acordeón e voz)
Duración: 50 minutos
Destinatarios: público familiar, maiores 3 anos
 
 
A nena e o grilo nun barquiño
 
      O espectáculo de Magín Blanco fainos, sen dúbida, un anaco máis grandes. Música do século XXI con tintes de pop, rock, reggae ou bossa nova, relatos que nos falan de que podemos aspirar a un mundo mellor, imaxes que nos achegan ás novas linguaxes. Para saír cuns centrímetos de máis, mesmo que sexa en doses de ilusión, creatividade e imaxinación.
  
      As súas personaxes prepáranse para vivir unha chea de aventurascoas que continuarán a descubrir o mundo cos seus segredos. Estas aventuras inciden directamente en temáticas tales como a solidaridade, o repecto á naturaza, a identidade, o desenrolo do universo afectivo e a curiosidade por todo o que nos rodea.
  
 
Elenco: Magín Blanco (voz e guitarra), Jorge Juncal (piano e acordeón), María Faltri (voz e percusión), Jerry Noia (Baixo), Montse Piñón (actriz “a nena”), Pepablo Patiño (actor “o grilo”).
Duración: 60 minutos
      Destinatarios: público familiar, maiores 3 anos