O sábado 23 de abril ás 20.30 horas no Auditorio Gabriel García Márquez, de Mera AIREnoAR, presenta o seu espectáculo AIREnoAR, de María Move, Álvaro Reboredo e Rut Balbís, baixo a dirección de Rut Balbís.
Sinopse: AIREnoAR xurde da procura de novas linguaxes artísticas a partir da difusión das diferentes artes. Céntrase na multidisciplinariedade dos artistas utilizando a danza como principal fío común. Permite ao espectador entrar na escena e recrear a historia dos dous personaxes na súa mente.
É unha historia de encontro e desencontro, de procura do equilibrio entre as cordas (acrobacia aérea). O que nos une, o que nos separada doutro, ritmo e xesto das linguaxes non verbais. A poesía nas dinámicas da fisicalidade.
Elenco: Álvaro Reboredo e María Move
Xénero: danza contemporánea, circo
Duración: 50 minutos
Prezo: 2,50 euros
As entradas poñeranse á venda a partir das 19:30 horas, ata completar a capacidade da sala. Maiores de 12 anos.