ELAS SON ARTISTAS
2º FESTIVAL METROPOLITANO DE MÚSICA E ARTES POLA IGUALDADE
CONCERTO MABEL FLORES
Sábado 25 de maio de 2019 ás 20.15 horas
Auditorio centro cultural A Fábrica, Perillo
(Entrada de balde con invitación ata completar a capacidade da sala. As invitacións poderán retirarse na billeteira a partir das 19.30 horas)
No marco do Festival Elas Son Artistas o Concello de Oleiros acolle o concerto da cantante Mabel Flores, cantautora de Barcelona que chega ao festival acompañada de dous músicos para presentar o seu disco “Entre mujeres”, cheo de cancións sensibles con sons orgánicos a ritmo de reggae, ska e world-music. A artista ofrece un directo cómplice e íntimo, un baño de vitalidade, feminismo, sinceridade e tenrura.
Elas son Artistas é un micro festival, un evento artesano de cultura, no que as mulleres creadoras son as protagonistas, e que busca un público de mente aberta, que se achegue a diversas artes e diversos espazos. Trátase dunha iniciativa que busca mesturar o sector artístico público e privado para dar voz a moitas mulleres que traballan como profesionais relacionadas coas artes e que habitualmente se atopan na sombra.
Podes consultar máis información do Festival no link: http://elassonartistas.gal/