Asset Publisher

Back CONCERTO DO QUINTETO CIMARRÓN NA FÁBRICA-Sábado 10 de outubro

 

 

Sábado 10 de outubro ás 20:30 horas

Auditorio do centro cultural, de Perillo

Entrada libre, ata completar a capacidade da sala.

 

O Quinteto Cimarrón presenta o seu traballo “Aires Tropicales”.

 

FORMACIÓN: Eduardo Coma (violín), Lázaro Wilman (violín), Raymond Ateaga (violín), Luis Enrique Caballero (violonchelo) e Óscar Rodríguez (contrabaixo)

 

 

Música clásica, popular, moderna e cubana con tintes de jazz. Así de completa é a proposta que presenta o Quinteto Cimarrón na súa xira 2015. Procedentes de Cuba aínda que afincados en Galicia desde hai uns vinte anos, o Quinteto Cimarrón xorde en 2008, cando os violinistas Eduardo Coma e Lázaro Wilman deciden reunirse co violista Raymond Ateaga, o chelista Luis Enrique Caballero e o contrabaixo Óscar Rodríguez para interpretar ritmos cubanos. Son especialmente coñecidos polas súas colaboracións co popular clarinetista cubano Paquito D´Rivera.

 

O Quinteto vén con ritmos cubanos, pero nin a salsa nin a troba tradicional da illa forman parte do seu repertorio básico. Trátase dunha mestura de música clásica e jazz con folclore cubano.

 

O quinteto realiza un percorrido polos xéneros máis importantes da música cubana: como son a contradanza, o danzón, o son e a guajira. Este disco foi gravado coa colaboración de Paquito D`Rivera.