Asset Publisher

Back Concerto de Marian Ledesma na Fábrica

 O sábado 23 de decembro ás 18:30 horas no Auditorio do Centro Cultural A Fábrica de Perillo terá lugar o concerto de Marian Ledesma, unha presentación do seu espectáculo Música de contos. Cancións con ensinanza que nos levan a Oz.
De que falan os xoguetes nos escaparates? Pode un ogro namorarse dunha bruxa? Por que en todos os contos o lobo sempre está enfadado e famento? Marian Ledesma achegaranos historias máxicas e descoñecidas a través de cancións que esconden mensaxes. Na súa faceta de narradora, cantará segredos marabillosos e axudaranos a redescubrir aqueles clásicos para todos os públicos.
Entrada libre con invitación ata completar a capacidade da sala. As invitacións poderán recollerse a partir das 17.30 horas. Público familiar.