O domingo 17 de decembro ás 19:30 horas celébrase o Concerto de Nadal de Corais do Concelllo de Oleiros no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera.
O Coro de Voces Brancas da Escola Municipal de Música abrirá a xornada, para dar paso a continuación á Coral Polifónica de Mera, a Coral Polifónica Airiños de Nós, a Coral Polifónica Lembranzas de Santa Cruz, o Coro Tradicional Dorna e o Coro de Oleiros.
Todas as corais interpretarán tres pezas, entre as que se atopan diversas e recoñecidas panxoliñas e unha última peza conxunta.
A entrada será libre ata completar a capacidade da sala.
Para consultar o Programa preme aquí