Novas

Asset Publisher

Back Concerto de Adhara & Ritman o sábado 2 de marzo no Auditorio da Fábrica (Perillo)

 O sábado 2 de marzo ás 20:30 horas no Auditorio da Fábrica en Perillo terá lugar o concerto de Adhara & Ritman, dentro do VI ciclo de música voces cálidas para noites de inverno.


Adhara & Ritman é un novo proxecto musical que xorde das raíces. Co ghalhegho como voz e unha instrumentación baseada nas raíces folk da terra... Decidimos liberarnos e facer aquilo que nos sae de dentro sen medo a mesturalo coa música latina, reagge, swing, soul... e principalmente rock. Dentro... somos unha explosión! e iso é o que queremos amosarvos!!

As nosas letras varían desde temas propios a adaptacións de poemas como da ghran Rosalía de Castro entre outros. 

O ghrupo está formado por 4 pés para un banco... 

Adhara Caamaño (A Cuncheira de Sofán) é a nosa voz principal. Tito Barbeito (Tito Ritman) voz, guitarra e harmónica. Arturo Krest como batería e percusionista. Andrés Castro ao baixo.


As entradas poñeranse á venda a partir das 19:30 horas a un prezo de 2,50 euros, ata completar a capacidade da sala.