Por motivos alleos ao Concello de Oleiros, aprázase ao vindeiro 1 de novembro a obra de teatro prevista para mañá 24 de outubro. As pitas baixo a choiva, de Teatro dos Ghazafelhos, é un espectáculo baseado no conto de Carvalho Calero, escritor homenaxeado este ano nas Letras Galegas.
As persoas que xa reservaran a entrada para este sábado, terán entrada para o próximo domingo ás 18.00 h na Fábrica.