A N U N C I O
Bases específicas e convocatoria de subvencións polo Concello de Oleiros para a promoción e difusión da cultura e o deporte. Ano 2014.
Ao abeiro das Bases reguladoras da concesión de subvencións e axudas do Concello de Oleiros, aprobáronse as Bases específicas e convocatoria de subvencións para a promoción e difusión da cultura e o deporte-Ano 2014, que se atopan expostas no taboleiro de anuncios do Concello de Oleiros e do Centro Cultural “A Fábrica”.
Obxecto.- Promoción e impulso de actividades culturais, educativas, deportivas e xuvenís.
Beneficiarios.- Entidades veciñais, deportivas, culturais, xuvenís, ANPAS e outras entidades sen ánimo de lucro que figuren inscritas no Rexistro Municipal de Entidades do Concello de Oleiros cunha anterioridade de 4 anos en relación ao remate do prazo fixado para a presentación de solicitudes, así como os Centros de Ensino Público.
Financiación.-
Aplicacións 2014/82.324.48905, 2014/80.334.48900 e 2014/80.338.48900
Presentación de solicitudes.-
LUGAR: Rexistro xeral do Centro Cultural “A Fábrica”.
PRAZO: 15 días naturais contados a partir do seguinte á publicación deste anuncio no BOP.
A publicación deste anuncio saíu o día 12 de agosto no BOP nº 152, polo que o prazo de solicitude abranguerá do día 13 ao 27 de agosto.
No caso das ANPAS e Centros de Ensino Público o prazo para a solicitude abranguerá do 16 ao 30 de setembro de 2014.