Asset Publisher

Back ANDARES POR GALICIA: RUTA CIRCULAR DO CASTRO DE DOADE (LALIN)

O vindeiro 5 de marzo dará comenzo o Programa de Andares por Galicia coa ruta circular do Castro de Doade (Lalín).

Este Programa céntrase en descubrir as características máis importantes a nivel natural, social e cultural da nosa terra e xerar conciencia de coidado e protección do patrimonio natural e cultural. Así mesmo trata de promover a convivencia e a socialización do grupo de participantes nun ambiente aberto e favorecer hábitos saudables de ocio no medio natural.

Todas as saídas contarán con 2 monitores/as especializados/as e están dirixidas a persoas maiores de idade, cun prezo de 22 euros.

Ofertaránse 40 prazas para cada unha das saídas, con preferencia para persoas empadroadas no Concello de Oleiros e adxudicaranse as prazas por rigorosa orde de inscrición a partir do mércores 16 de febreiro ás 10.00 horas no seguinte formulario:

INSCRICIÓN LALÍN

 


1. RUTA CIRCULAR DO CASTRO DE DOADE (LALÍN)

Sábado, 5 de marzo de 2022

Punto de inicio-fin: Codesedo (Lalín)

Distancia aprox.: 13 km

Dificultade: media-baixa

PUNTOS DE INTERESE DA RUTA/VISITA:

-       Ruta homologada PRG-210

-       Castro de Doade.

-       Muiño de Froiz.

-       Igrexa Románica de San Xoán de Vilanova

-       Carballo de Soutolongo. Árbore senlleira

-       Área Recreativa de Mouriscade

-       Río Asneiro

-       Monumento Natural Fraga de Catasós (fóra de ruta)

VISITA CULTURAL:  Museo Etnográfico Casa do Patrón.