Este luns 13 de decembro abre o prazo para inscribirse no espectáculo deste sábado, Ris Ras, de Baobab Teatro, para familias con nenos e nenas de 1 a 6 anos. Este espectáculo será ás 18.00 h na Fábrica. Será gratuíto, mais as persoas interesadas terán que facer a inscrición a través do seguinte enlace https://forms.gle/rKAp4XznF7ChiyWv8. Terán preferencia as familias inscritas no Apego de Oleiros os dous primeiros días de inscrición.
Ris Ras faranos viaxar a través da música, xogos, enredos e historias tradicionais da man dun trasno que nace do amor entre Catarina e Lourenzo (a lúa e o sol). Nace de pór en valor a nosa lingua, nace co obxectivo claro de profundar nos ditos populares, refráns, poemas, lerias e enredos menos coñecidos para que non se esquezan.