Asset Publisher

Back Aberto o prazo de inscrición para un curso Celga 4 en Oleiros


A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convoca un curso preparatorio para as probas do Celga 4 no concello. Este desenvolverase no CEIP Plurilingüe Isidro Parga Pondal, en Santa Cruz, de luns a venres e en horario de 19:00 a 21:00 h.
O prazo de solicitudes comezou o pasado venres 17 de xuño e remata o 16 de xullo. A adxudicación das prazas ten lugar por orde de inscrición, que se pode realizar de forma electrónica a través da sede da Xunta de Galicia ou presencial, en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e só se permite a petición dun curso por persoa. Pode consultarse toda a información na convocatoria http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160616/AnuncioG0164-080616-0004_gl.html.