Volve a programación do Apego para promover a lingua entre as familias con nenos e nenas de 0 a 6 anos. Teatro, contacontos, cancións e moito máis que poderedes ver no folleto que se achega.
Este domingo, ás 12.00 horas comezamos con Cantamos un conto?, de Luis Vallecillo na Fábrica, en Perillo. Un espectáculo de divertidas cancións dunha selección de contos clásicos para cantar todos e todas. Está recomendado para nenos e nenas de 3 a 6 anos.
A entrada é gratuíta, mais hai que reservala facendo a inscrición a través do formulario habilitado, que estará aberto desde as 10.00 horas do 14 de outubro ata as 14.00 horas do 18 de outubro, ou ata completar a capacidade do auditorio, ou chamando por teléfono ao 981 610 000.
Formulario de inscrición para Cantamos un conto?