Presentación do departamento de Cultura

Presentación

O Departamento Municipal de Cultura amósache neste espazo toda a infraestrutura sociocultural habilitada para ti. Museo, sala de exposicións, auditorios, casas do pobo, centros cívicos e culturais... equipamentos onde se desenvolven un gran número de actividades de todo tipo ao longo do ano.

Ademais podes consultar a variada programación cultural realizada para tentar cubrir as distintas necesidades dos milleiros de oleirenses no seu tempo de lecer; teatro, danza, cine, música, festas, exposicións, obradoiros, conferencias..., actividades na procura de novos coñecementos, de fortalecer a nosa identidade cultural, de fomentar a creatividade e a participación, de potenciar hábitos saudábeis que fomenten a convivencia e o encontro cos veciños e coas veciñas.

Tamén podes consultar un gran número de entidades socioculturais presentes na vida do municipio; asociacións de tipo cultural, social, veciñais, musicais, de pais e nais de alumnos dos centros escolares do concello, ... un conxunto de asociacións que traballan día a día nas diferentes parroquias do Concello de Oleiros.

Obxetivos

  • Involucrar aos veciños na programación da actividade cultural para lograr un maior nivel de implicación, compromiso e responsabilidade.
  • Organizar experiencias que fomenten a participación e a integración de todos os veciños e as veciñas do municipio e que lles permitan desenrolar valores, coñecementos e habilidades para un uso enriquecedor do seu tempo libre.
  • Ofrecer alternativas saudabeis de utilización do tempo libre.
  • Promover o asociacionismo local.
  • Potenciar a identidade cultural, o sentimento de pertenza a unha colectividade.
  • Xerar inquietudes e iniciativas independentes e responsables.
  • Animar e dinamizar o que xa existe.
  • Fomentar a creatividade.

Asset Publisher

Back UN OLEIROS DE CINE

O domingo 12 de febreiro ás 19:30 horas no Auditorio do centro cultural A Fábrica de Perillo dará comenzo o ciclo de proxecións "Un Oleiros de Cine" coa película  Las brujas de ZugarramurdiI.

A entrada será libre con invitación. As invitacións poderán recollerse a partir das 18:30 horas

Las brujas de Zumarragurdi.

Dirección: Álex de la Iglesia

Reparto: Hugo Silva, Mario Casas, Carmen Maura, Terele Pávez, Carolina Bang, Jaime Ordóñez, Gabriel Delgado, Pepón nieto, Secun de la Rosa, Macarena Gómez, Santiago Segura, María Barranco, Carlos Areces.

País: España

Ano: 2013

Duración: 112 minutos

Xénero: comedia fantástica

Cualificación: Non recomendada a menores de 16 anos

Sinopse: Dous parados cometen un atraco e fuxen perseguidos pola policía e pola ex-muller dun deles. Así, adéntranse nos bosques impenetrables de Navarra e caen en mans dun grupo de mulleres entolecidas que se alimentan de carne humana.