Presentación do departamento de Cultura

Presentación

O Departamento Municipal de Cultura amósache neste espazo toda a infraestrutura sociocultural habilitada para ti. Museo, sala de exposicións, auditorios, casas do pobo, centros cívicos e culturais... equipamentos onde se desenvolven un gran número de actividades de todo tipo ao longo do ano.

Ademais podes consultar a variada programación cultural realizada para tentar cubrir as distintas necesidades dos milleiros de oleirenses no seu tempo de lecer; teatro, danza, cine, música, festas, exposicións, obradoiros, conferencias..., actividades na procura de novos coñecementos, de fortalecer a nosa identidade cultural, de fomentar a creatividade e a participación, de potenciar hábitos saudábeis que fomenten a convivencia e o encontro cos veciños e coas veciñas.

Tamén podes consultar un gran número de entidades socioculturais presentes na vida do municipio; asociacións de tipo cultural, social, veciñais, musicais, de pais e nais de alumnos dos centros escolares do concello, ... un conxunto de asociacións que traballan día a día nas diferentes parroquias do Concello de Oleiros.

Obxetivos

  • Involucrar aos veciños na programación da actividade cultural para lograr un maior nivel de implicación, compromiso e responsabilidade.
  • Organizar experiencias que fomenten a participación e a integración de todos os veciños e as veciñas do municipio e que lles permitan desenrolar valores, coñecementos e habilidades para un uso enriquecedor do seu tempo libre.
  • Ofrecer alternativas saudabeis de utilización do tempo libre.
  • Promover o asociacionismo local.
  • Potenciar a identidade cultural, o sentimento de pertenza a unha colectividade.
  • Xerar inquietudes e iniciativas independentes e responsables.
  • Animar e dinamizar o que xa existe.
  • Fomentar a creatividade.

Asset Publisher

Back PROGRAMACIÓN CULTURAL-TEATRO CABARÉ: SÁBADO 26 DE MARZO

 

TEATRO

Sábado 26 de marzo ás 20:30 horas

Auditorio Gabriel García Márquez  (Mera)

FarandOleiras Cabaré: Olimpo’s

 

Dirección: Clara Gayo

ElencoAntonio Doldán, Elsa Parada, Estela Naranjo, Esther Patiño, Isa Currais, Lara Valcuende, Marisol Cancio, Noa Vedia, Paula Galego, Saleta Vázquez e Yolanda Zapata

Xénero: teatro / cabaré

Duración 65 min

Público: adulto

 

Sinopse:

O grupo de teatro amador FarandOleiras Cabaré, recupera un espectáculo "divino". Como é xa tradicional en todos os seus espectáculos, a compañía segue fiel á súa proposta de teatro cabaré, onde combinan pequenas escenas de teatro con números musicais, sempre desde unha perspectiva crítica e actual. Desta volta, FarandOleiras sobe ás alturas para amosarnos como viven e pensan as deusas e deuses dun hipotético (e bastante galego) Olimpo e como inflúe a súa presenza nos pobres mortais. Neste Olimpo farandoleiro, tamén se fan enquisas de igualdade, tamén hai teito de cristal e... Ata hai secesionismo galego!

 

 

Prezo: 3,50 € (as entradas poñeranse á venda a partir das 19:30 horas, ata completar a capacidade da sala).

 

Asset Publisher

Image PROGRAMACIÓN CULTURAL SETEMBRO-DECEMBRO 2018 PROGRAMACIÓN CULTURAL SETEMBRO-DECEMBRO 2018

PROGRAMACIÓN CULTURAL SETEMBRO-DECEMBRO 2018

Programación cultural do Concello de Oleiros de Setembro a Decembro do 2018