Novas

Asset Publisher

Back Xurxo Souto presenta "Contos do mar de Irlanda" en Rialeda: 28 de xaneiro

  /documents/39407/55553/DLFE-20736.pdf/ca334a04-0934-7121-b0d0-7f8f8e421df8

O 28 de xaneiro, ás 18:30 horas, na Biblioteca Central Rialeda sita en Perillo realizarase a presentación do libro de Xurxo Souto “Contos do mar de Irlanda” .
Xurxo Souto nesta presentación relatará diversas historias de mariñeiros galegos no Gran Sol, acompañadas con cancións en homenaxe aos seus antepasados de Perillo.

É licenciado en Filoloxía Clásica, traballa desde 1986 en diferentes medios de comunicación. Entre as súas obras podemos destacar: "A tralla e a arroutada”, “Fumareu”, “O retorno dos homes mariños”, “Contos da Coruña”, “Tres trebóns”, “A terra queima” e “Contos do mar de Irlanda”. Foi vocalista de “Os Diplomáticos de Monte Alto” e agora toca o acordeón no grupo “Tres trebóns".

"Contos do mar de Irlanda" está formado por 53 relatos distribuídos en tres partes: Ribeira, Unha marea no Gran Sol e No outro lado do espello. E, como nos explica o propio Xurxo Souto,  no Plan de derrotas, os que queiran saber sobre os caladoiros deben ler a segunda parte (Unha marea no Gran Sol), aos que lles interese máis rexoubos de Irlanda, entón deben ir á terceira parte e os que non teñan presa pois comezalo desde o principio. 
“O océano símbolo tamén do alén, da morte, mais non como destrución, senón espazo de coñecemento absoluto, moito máis alá dos límites da percepción racional".
Invitamos a asistir a todas as persoas que o desexen.