Presentamos unha selección de libros e películas da Biblioteca Central Rialeda para enriquecer a experiencia da Eurocopa 2012.
A maridaxe literatura + fútbol dá lugar a fructuosas combinacións procedentes da creación literaria, plástica, cinematográfica, musical...
Eis unhas cantas (23 entre libros e películas neste Volume I), literarias e fílmicas, para gozar dos 90 de 11 contra 11.
Consulta dispoñibilidade e lévate a casa algún material desta especial selección.
Neste Volume I amosámosche os libros e películas para mozos-as e adultos-as. Nun Volume II presentarémosche a nosa selección infantil-xuvenil.