Novas

Asset Publisher

Back Ler para saber A CIENCIA: 10 de febreiro

Esperámoste na Biblioteca Central Rialeda (2º andar), o venres 10 de febreiro ás 18:30, para participar nesta actividade dirixida a nenos e nenas a partir de 10 anos, adolescentes e público en xeral.
Primeiramente os alumnos de 6º curso do CEIP Valle-Inclán de Perillo, Alberto Paz e Ismael Golán realizarán unha breve presentación sobre “Máquinas simples e compostas”. 
Neste ano 2012 declarado pola ONU Ano Internacional da Enerxía Sustentable para Todos/as, o doutor Óscar Cabeza Gras, profesor titular da Universidade da Coruña, Departamento de Física, área de Física Aplicada falará na charla científica de “Enerxías renovables para o século XXI”.
Seleccionamos para ti libros e DVDs para esta charla científica.