Asset Publisher

Back Alice Munro

1931-2024: a beleza da cotiandade

Alice Munro, 1931-2024: a beleza da cotiandade

Faleceu Alice Munro, Premio Nobel de Literatura 2013 e Premio Booker en 2009. Canadense dunha pequena vila de Ontario, a mestra do conto contemporáneo comezou a escribir sendo adolescente. Entre outras ocupacións, traballou como camareira e foi empregada de biblioteca. O seu inicio no mundo da narración curta deuse antes de cumprir 20 anos, coa publicación de As dimensións dunha sombra (1950) nunha revista estudantil para adicarse á literatura aos 30 anos con contos e relatos que vendía para a radio pública do seu país. Munro utilizou a beleza das pequenas cousas como material para amosar as dores máis fondas da natureza humana.

 

Libros de Alice Munro en eBiblio

Títulos de Alice en Bibloleiros

"La vida de las mujeres" foi obxecto de debate nas tertulias literarias e lectura recomendada en Radioleiros.

Lévate en préstamo os libros de Munro que temos ao teu dispor no vestíbulo da Biblioteca Central Rialeda (Perillo).