Biblioteca Central Rialeda (2º andar)
Horario: de 10 a 11 h.
Actividade dirixida ao alumnado de 4º A e B de Primaria do CEIP Valle Inclán.
Paula Carballeira:
"Nacín nun serán de setembro do ano 1972 en Maniños, en Galicia, no noroeste da península Ibérica. Conto contos profesionalmente dende fai 15 anos en galego, español e galego-portugués.
Teño viaxado por varios países: Portugal, Brasil, Chile, Suiza, Ecuador... e non deixo de viaxar fundamentalmente pola miña terra, onde participo regularmente en actividades de narración oral en bibliotecas, bares e incluso en prazas, debaixo dos árbores."