Destacados

Asset Publisher

Back 49 sesións de setembro a novembro de 2026!!! Ler conta moito, Hora do conto e actividades infantís en Bibloleiros

Comeza setembro e as Bibliotecas Municipais de Oleiros organizan actividades de promoción da lectura dirixidas a crianzas de 2 a 4 anos e a partir de 5 anos. 

Todas as sesións terán lugar ás 17:30 h. 

- Contacontos para crianzas de 2 a 4 anos.
- Actividades infantís para nenas e nenos a partir de 5 anos (maxia, narración de contos, etc.)
- Obradoiros para a cativada a partir de 6 anos.

Aforo limitado. Imprescindible reservar praza na biblioteca en que se desenvolva cada unha das actividades. 
Podes facelo desde 10 días antes da celebración da actividade, achegándote persoalmente, por teléfono ou internet en www.oleiros.org/bibliotecas/inscribete

Preme aquí para coñecer as compañías, contadores/as, artistas e monitorado xunto coas datas correspondentes.

Ler conta moito é un programa de dinamización da lectura nas bibliotecas públicas promovido pola Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia, a través da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia e en colaboración coas Bibliotecas Municipais de Oleiros. Súmase á programación das Bibliotecas Municipais de Oleiros para completar a oferta de actividades de setembro a final de ano.