O prazo de inscrición para a tempada 2014-2015 das Tertulias Literarias na Biblioteca Central Rialeda ábrese o mércores 17 de setembro ás 8,15 h.*.
A inscrición poderá facerse dos seguintes xeitos:
- A través da páxina web do Concello de Oleiros.
- Persoalmente na Biblioteca Central Rialeda.
- Por teléfono (981 639 511) no horario da biblioteca (de 8,15 a 21,15 h., luns a venres).
Os grupos formaranse rigurosamente por orde de inscrición.
As 20 primeiras solicitudes constituirán o grupo A e as 20 restantes o grupo B.
As persoas que queden sen praza entrarán a formar parte da Lista de Espera.
*Non se admitirán solicitudes previas á data e hora sinalada.
