Tertulias literarias

Nesta actividade realízase o comentario de obras de distintos xéneros literarios, principalmente narrativa contemporánea, nun ambiente de familiaridade, procurando o lado formativo e á vez, lúdico da lectura.

O principal obxectivo desta actividade é animar a ler  e a gozar da literatura como un desenvolvemento da capacidade de creación e comunicación, de maneira que compartindo ideas e eflexionando sobre temas diversos poidamos enriquecernos cos diferentes puntos de vista.

Preténdese ir descubrindo a maneira de escribir de cada autor ou autora, os distintos estilos, o tipo de linguaxe que utilizan e analizar os textos escritos, os procedementos e as características máis importantes de cada obra. A actividade complétase con encontros con escritoras e escritores.

Tes máis información:

  • Na Biblioteca Central Rialeda de Perillo. Tel.: 981 639 511
  • Na Biblioteca Pública Municipal ”Rosalía de Castro" de Santa Cruz. Tel.: 981 626 338
  • No Teléfono do Veciño: 981 610 000  

 

Asset Publisher

Back Inscrición Tertulias Literarias nas Bibliotecas de Oleiros 2026-2027

Comentario de obras de distintos xéneros literarios coa moderación da escritora e xornalista Silvia Salgado.


 

Actividade dirixida a persoas maiores de 18 anos.

De outubro 2026 a xuño 2027.
Sesións quincenais e mensuais, de mañás e tardes. 

Lugar de Celebración

- Biblioteca Central Rialeda. Tfno. 981639511
- Biblioteca Santa Cruz. Tfno. 981626338
- Biblioteca de Mera. Tfno. 981628507
- Biblioteca de Oleiros. Tfno. 981610700

De luns 21 a venres 25 de setembro.

Bases da convocatoria.

Se houbera máis solicitantes que prazas, resolverase mediante un sorteo público con preferencia para persoas empadroadas no Concello de Oleiros a celebrar o mércores 30 de setembro ás 13 h. na Biblioteca Central Rialeda.

As persoas solicitantes inicialmente sen praza pasarán a formar parte dunha lista de agarda, para o caso de renuncias ou vacantes posteriores.

Formulario