Tertulias literarias

Nesta actividade realízase o comentario de obras de distintos xéneros literarios, principalmente narrativa contemporánea, nun ambiente de familiaridade, procurando o lado formativo e á vez, lúdico da lectura.

O principal obxectivo desta actividade é animar a ler  e a gozar da literatura como un desenvolvemento da capacidade de creación e comunicación, de maneira que compartindo ideas e eflexionando sobre temas diversos poidamos enriquecernos cos diferentes puntos de vista.

Preténdese ir descubrindo a maneira de escribir de cada autor ou autora, os distintos estilos, o tipo de linguaxe que utilizan e analizar os textos escritos, os procedementos e as características máis importantes de cada obra. A actividade complétase con encontros con escritoras e escritores.

Tes máis información:

  • Na Biblioteca Central Rialeda de Perillo. Tel.: 981 639 511
  • Na Biblioteca Pública Municipal ”Rosalía de Castro" de Santa Cruz. Tel.: 981 626 338
  • No Teléfono do Veciño: 981 610 000  

 

Asset Publisher

Back Tertulia literaria en Rialeda: 21 decembro 2016 (Grupo A)

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/search/label/Tertulias%20Literarias

/documents/39407/55544/DLFE-25272.pdf/6c31576b-9306-246e-0064-fc773802876eBiblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
18 a 20 h. ATENCIÓN CAMBIO DE HORA!!!

Comentario de "O coitelo en novembro" de Marilar Aleixandre
Documentación

Nesta sesión contaremos coa presenza da profesora e catedrática de lingua e literatura galega Rosa García Vilariño.

A seguinte obra programada é "Canadá" de Richard Ford

Esta é a última sesión do 1º trimestre. A vindeira sesión, xa correspondente ao 2º trimestre, terá lugar o 18 de xaneiro de 2017.

Desexamos ás/aos participantes un feliz Nadal e venturoso ano 2017!