Tertulias literarias

Nesta actividade realízase o comentario de obras de distintos xéneros literarios, principalmente narrativa contemporánea, nun ambiente de familiaridade, procurando o lado formativo e á vez, lúdico da lectura.

O principal obxectivo desta actividade é animar a ler  e a gozar da literatura como un desenvolvemento da capacidade de creación e comunicación, de maneira que compartindo ideas e eflexionando sobre temas diversos poidamos enriquecernos cos diferentes puntos de vista.

Preténdese ir descubrindo a maneira de escribir de cada autor ou autora, os distintos estilos, o tipo de linguaxe que utilizan e analizar os textos escritos, os procedementos e as características máis importantes de cada obra. A actividade complétase con encontros con escritoras e escritores.

Tes máis información:

  • Na Biblioteca Central Rialeda de Perillo. Tel.: 981 639 511
  • Na Biblioteca Pública Municipal ”Rosalía de Castro" de Santa Cruz. Tel.: 981 626 338
  • No Teléfono do Veciño: 981 610 000  

 

Asset Publisher

Back Inicio 2º trimestre na Tertulia Literaria de Santa Cruz

http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/bibliotecas/actividades/promo-lectura/tertulias

/documents/39407/55544/DLFE-23225.pdf/8ee89cee-870f-9c7c-2134-a81060256e6bBiblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro"
Hora: 18 a 20 h.

Comenzamos o 2º trimestre coa seguinte programación:

- "Follas do bacallau" de Xabier Paz
- "La ternura de los lobos" de Stef Penney
- "Los detectives salvajes" de Roberto Bolaño
- "El proyecto esposa" de Graeme Simsion
- "La firma de todas las cosas" de Elizabeth Gilbert

Datas:
- Xaneiro: días 11 e 25
- Febreiro: días 15 e 29
- Marzo: día 14

Pode apuntarse á actividade:
- Persoalmente na Biblioteca de Santa Cruz
- Por teléfono (981 626 338) no horario da biblioteca


 Nestes intres o grupo está completo. As novas inscricións pasarán a formar parte da lista de espera