Tertulias literarias

Nesta actividade realízase o comentario de obras de distintos xéneros literarios, principalmente narrativa contemporánea, nun ambiente de familiaridade, procurando o lado formativo e á vez, lúdico da lectura.

O principal obxectivo desta actividade é animar a ler  e a gozar da literatura como un desenvolvemento da capacidade de creación e comunicación, de maneira que compartindo ideas e eflexionando sobre temas diversos poidamos enriquecernos cos diferentes puntos de vista.

Preténdese ir descubrindo a maneira de escribir de cada autor ou autora, os distintos estilos, o tipo de linguaxe que utilizan e analizar os textos escritos, os procedementos e as características máis importantes de cada obra. A actividade complétase con encontros con escritoras e escritores.

Tes máis información:

  • Na Biblioteca Central Rialeda de Perillo. Tel.: 981 639 511
  • Na Biblioteca Pública Municipal ”Rosalía de Castro" de Santa Cruz. Tel.: 981 626 338
  • No Teléfono do Veciño: 981 610 000  

 

Asset Publisher

Back Tertulia literaria en Rialeda: 22 de abril (Grupo B)

http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/bibliotecas/actividades/promo-lectura/tertulias /documents/39407/55595/DLFE-21418.pdf/b1169cf8-93eb-eeff-7881-1917548bb9a5Na Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
Hora: 17,30 a 19,30 h.

Comentario de "La invención de Morel" de Adolfo Bioy Casares.
Documentación
Obras de Adolfo Bioy Casares nas nosas bibliotecas.

A seguinte obra programada é "La firma de todas las cosas" de Elizabeth Gilbert.

Durante esta sesión celebraremos o Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor/a. Para elo animamos aos/ás participantes a traer - a xeito de agasallo - libros (preferentemente non lidos) que serán repartidos entre tod@s seguindo o xogo do "amigo invisible". Cada participante deberá poñer en común o porqué da súa escolla.