Tertulias literarias

Tertulias literarias

Nesta actividade realízase o comentario de obras de distintos xéneros literarios, principalmente narrativa contemporánea, nun ambiente de familiaridade, procurando o lado formativo e á vez, lúdico da lectura.

O principal obxectivo desta actividade é animar a ler  e a gozar da literatura como un desenvolvemento da capacidade de creación e comunicación, de maneira que compartindo ideas e eflexionando sobre temas diversos poidamos enriquecernos cos diferentes puntos de vista.

Preténdese ir descubrindo a maneira de escribir de cada autor ou autora, os distintos estilos, o tipo de linguaxe que utilizan e analizar os textos escritos, os procedementos e as características máis importantes de cada obra. A actividade complétase con encontros con escritoras e escritores.

Tes máis información:

  • Na Biblioteca Central Rialeda de Perillo. Tel.: 981 639 511
  • Na Biblioteca Pública Municipal ”Rosalía de Castro" de Santa Cruz. Tel.: 981 626 338
  • No Teléfono do Veciño: 981 610 000  

 

Asset Publisher

Back 12 de xaneiro: Inicio 2º trimestre na Tertulia Literaria da Biblioteca de Santa Cruz

http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/bibliotecas/actividades/promo-lectura/tertulias /documents/39407/55553/DLFE-20647.pdf/b34ecbf0-b390-f968-e0e8-e88094f5ab0fBiblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro"
Hora: 18 a 20 h.

 Comenzamos o 2º trimestre coa seguinte programación:

- "Los platos más picantes de la cocina tártara" de Alina Bronsky

 

Outros actos:
- Presentación de "Bibliotecarias e bibliotecarios infames" de F. X. Redondo Abal. (9 febreiro) SUSPENDIDA

Datas:
- Xaneiro: días 12 e 26
- Febreiro: días 9 e 23
- Marzo: días 9 e 23


Pode apuntarse á actividade:
- Persoalmente na Biblioteca de Santa Cruz.
- Por teléfono (981 626 338) no horario da biblioteca.


Nestes intres o grupo está completo, polo tanto as inscricións pasarán a formar parte da lista de espera