Tertulias literarias

Nesta actividade realízase o comentario de obras de distintos xéneros literarios, principalmente narrativa contemporánea, nun ambiente de familiaridade, procurando o lado formativo e á vez, lúdico da lectura.

O principal obxectivo desta actividade é animar a ler  e a gozar da literatura como un desenvolvemento da capacidade de creación e comunicación, de maneira que compartindo ideas e eflexionando sobre temas diversos poidamos enriquecernos cos diferentes puntos de vista.

Preténdese ir descubrindo a maneira de escribir de cada autor ou autora, os distintos estilos, o tipo de linguaxe que utilizan e analizar os textos escritos, os procedementos e as características máis importantes de cada obra. A actividade complétase con encontros con escritoras e escritores.

Tes máis información:

  • Na Biblioteca Central Rialeda de Perillo. Tel.: 981 639 511
  • Na Biblioteca Pública Municipal ”Rosalía de Castro" de Santa Cruz. Tel.: 981 626 338
  • No Teléfono do Veciño: 981 610 000  

 

Asset Publisher

Back 7 de xaneiro: Inicio 2º trimestre na Tertulia Literaria (Grupo A)

/documents/39407/55553/DLFE-20643.pdf/7ab39045-4728-3b41-74da-6cbb8ffff31aNa Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
Hora: 17,30 a 19,30 h.

Comenzamos o 2º trimestre nas Tertulias literarias da Biblioteca Central Rialeda no Grupo A.

- "Olive Kitteridge" de Elizabeth Strout
 
Outros actos:
Presentación do libro "Totum revolutum" de Cristina Barrio (4 de febreiro ás 18,30 h.)
 
Datas Grupo A:
- Xaneiro: días 7 e 21
- Febreiro: días 4 e 18
- Marzo: días 4 e 18


Pode apuntarse á actividade:
- A través da páxina web do Concello de Oleiros.
- Persoalmente na Biblioteca Central Rialeda.
- Por teléfono (981 639 511) no horario da biblioteca.

Nestes intres o grupo está completo, polo tanto as inscricións pasarán a formar parte da lista de espera.