Actividades culturais

Back Inscrición Tertulias Literarias na Biblioteca de Mera 2026-2027

Comentario de obras de distintos xéneros literarios coa moderación da escritora e xornalista Silvia Salgado.

2 grupos de 15 participantes cada un. Periodicidade mensual.

Se houbera máis solicitantes que prazas, resolverase mediante un sorteo público con preferencia para persoas empadroadas no Concello de Oleiros a celebrar o mércores 30 de setembro ás 13 h. na Biblioteca Central Rialeda.

As solicitantes inicialmente sen praza pasarán a formar parte dunha lista de agarda, para o caso de renuncias ou vacantes posteriores.

Actividade dirixida a persoas maiores de 18 anos.

Período: Outubro 2026 a Xuño 2027.

Horario

Os luns de 18 a 19:30 h.

Lugar de Celebración

Biblioteca Municipal "Mª José Trincado". Mera.

Do luns 21 ao venres 25 de setembro de 2026. 

Medios de contacto

Teléfono: 981628507. 

 

Formulario de solicitude