Actividades culturais

Back DA FERVENZA DO TOXA AO MOSTEIRO DE CARBOEIRO .

O vindeiro sábado 22 de febreiro terá lugar unha nova edición do programa Andares por Galicia, a Cultura da Natureza, organizado polo Concello de Oleiros.

Este Programa céntrase en descubrir as características máis importantes a nivel natural, social e cultural da nosa terra e xerar conciencia de coidado e protección do patrimonio natural e cultural. Así mesmo trata de promover a convivencia e a socialización do grupo de participantes nun ambiente aberto e favorecer hábitos saudables de ocio no medio natural.

Esta saída do 22 de febreiro contará con 3 guías especializados/as e ofértanse 40 prazas dirixidas a persoas maiores de idade, cun prezo de 23 euros.

  • As preinscricións realizaranse preferentemente na Sede electrónica/catálogo de trámites/cultura a partir do martes 11 de febreiro ás 10.00 horas.
  •  No caso de que algunha persoa non lle sexa posible realizala así, poderá facelo na Fábrica en horario de mañá de 10.00 a 14.00 horas.
  • Ocuparanse as prazas por sorteo entre todas as solicitudes rexistradas entre o martes 11 de febreiro ás 10.00 horas e o mércores 12 ás 15.00 horas e terán preferencia as persoas empadroadas no Concello de Oleiros.

Sábado, 22 de febreiro de 2025

RUTA DA FERVENZA DO TOXA AO MOSTEIRO DE CARBOEIRO

ENTROIDO DOS XENERAIS DO ULLA

Punto inicio/ Aparcamento do Miradoiro da Fervenza do Toxa  (Silleda)

Punto fin: Mosteiro de Carboeiro  (Silleda)

Distancia da ruta: 9,5 km

Dificultade: media-baixa

PUNTOS DE INTERESE

    • Sistema fluvial Ulla-Deza
    • Mosteiro de San Lourenzo de Carboeiro
    • Ponte do Demo
    • Fervenza do Toxa
    • Área recreativa, praia fluvial  e ponte de A Carixa
    • Entroido tradicional dos Xenerais da Ulla .

VISITA CULTURAL:

  • Entroido tradicional dos xenerais da Ulla . Iremos ver un “Atranque” nalgunha das parroquias que o celebran

persoas maiores de idade

Sábado, 22 de febreiro de 2025

a partir do martes 11 de febreiro ás 10.00 horas.

23 euros

INSCRICIÓN ANDARES