Será a través dun novo obradoiro de emprego promovido polo Goberno municipal para o que o Concello recibirá 411.928 euros da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia. A achega municipal será de 40.980 euros.
As persoas interesada en participar deben contactar co Centro Municipal de Formación Isaac Díaz Pardo, na Urbanización Os Regos, ou chamar por teléfono ao 981 610 319. Durante o mes de maio procederase á selección do alumnado e o persoal directivo e docente –outras 5 persoas-, mediante un proceso público. Todas as persoas interesadas, ademais de ser veciños e veciñas de Oleiros, teñen que estar inscritas no servizo público de emprego como demandantes de emprego como demandantes de formación nos obradoiros de emprego ou demandando formación nunha das especialidades que se ofertan (madeira e/ou xardinería).
Con este novo obradoiro, ademais de formar as 20 persoas participantes, procederase a diversos traballos de mantemento e mellora de xardinería e carpintería en distintos espazos públicos, entre outros no Bosque dos Veciños e no Pazo de Lóngora.