Asset Publisher

Back Julio Llamazares

Imagen Julio Llamazares

Galardoado por ‘El viaje de mi padre’ co Premio Nacional de Narrativa 2026

Julio Llamazares foi galardoado co Premio Nacional de Narrativa 2026 por ‘El viaje de mi padre’. O xurado seleccionou a súa obra “polo seu profundo calado memorialístico e humano, co que Julio Llamazares emociona cun relato onde as lembranzas, as feridas e tantas preguntas sen resposta nos amosan de que xeito as pegadas da Guerra perviven nun territorio. O autor combina con mestría a evocación persoal e a dimensión histórica, revelando que os desprazamentos xeográficos marcaron a identidade de varias xeracións. A través dunha prosa poética, depurada e sobria, as paisaxes e os personaxes se convirten nos verdadeiros protagonistas dunha viaxe no tempo que cingue espazo, pasado e literatura, aportando unha mirada honesta, sen épica, vencellado ao seu lado máis humano”.Julio Llamazares, galardonado por ‘El viaje de mi padre’ co Premio Nacional de Narrativa 2026

Fonte: ministerio de cultura

El viaje de mi padre foi recomendado en RadiOleiros

Obras de Llamazares en Bibloleiros

Títulos de Llamazares en eBiblio

Visita a expo que temos na Biblioteca Central Rialeda (Perillo) e leva os seus libros en préstamo.

Parabéns, Julio!!!