Hemeroteca

Asset Publisher

Back Comeza a renovación dos camiños do parque José Martí

O Concello inicia esta semana a segunda parte das obras de reacondicionamento do parque José Martí, coa renovación das súas sendas interiores. Os traballos darán continuidade á obra xa rematada do Rincón de Cecilia e permitirán mellorar o estado dunha das principais zonas de paso do parque.

O firme presenta un notable deterioro causado, principalmente, polas raíces das árbores, o que obrigará tamén á substitución de exemplares. A actuación contempla a substitución da franxa central do pavimento para facilitar o tránsito peonil e mellorar o estado xeral desta zona do parque.

O parque José Martí é un dos espazos públicos máis emblemáticos de Oleiros e un lugar de referencia para o lecer da veciñanza. O investimento total das actuacións de reacondicionamento, que inclúen a renovación do Rincón de Cecilia e dos camiños interiores, ascende a 352.000 euros.

back link