Hemeroteca

Asset Publisher

Back Actividades en Bibloleiros para conmemorar o 8M

Imagen Actividades en Bibloleiros para conmemorar o 8M

Actividades en Bibloleiros para conmemorar o 8 de marzo, Día da Muller

- Actividades da Hora do conto que promoven a igualdade entre as nenas e nenos e de temática feminista dirixidas a crianzas:

Sesión A viaxe de Piruleta o 4 de marzo a cargo de Ariadna Ligero na Biblioteca de Santa Cruz.

Sesión Lúa quera viaxar a Marte o 5 marzo con A Xanela do Maxín na Biblioteca de Lorbé.

Sesión Canta, Bugina, canta! o 5 marzo con Marta Ortiz na Biblioteca Central Rialeda.

Sesión Dúas heroínas voando van o 6 marzo con Raquel Crespo na Biblioteca de Mera.

Sesión Aitana e a avoa e outros contos violetas o 9 marzo con Soraya Lema na Biblioteca de Dorneda.

Sesión Lúa quera viaxar a Marte o 10 marzo con A Xanela do Maxín na Biblioteca de Oleiros.

Sesión Imos ao recreo o 13 marzo con Trémola Teatro na Biblioteca de Nós.

- Actividades dirixidas ao alumnado dos centros de ensino: 

Directas ao espazo de Trémola Teatro na Biblioteca de Santa Cruz o 6 de marzo para alumnado do CEIP Isidro Parga Pondal (Santa Cruz). 

- Exposicións bibliográficas sobre a muller en todas as bibliotecas:

Na Biblioteca Central Rialeda (Perillo) e na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz) realizaranse dúas exposicións de temática similar pero orientadas a públicos distintos:

Expo As estacións en feminino na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz)

Para público adulto: As estacións en feminino proposta para darlle visibilidade o papel das mulleres na historia, no coñecemento e na creación.

Primavera—Literatura (libros de grandes escritoras), Verán—Ciencia (libros de destacadas científicas), Outono—Dereitos civís (libros de loitadoras polos dereitos femininos), Inverno—Arte (libros de mulleres artistas).

Para público infantil: E ti, que queres ser de maior? que busca fomentar a imaxinación, a lectura e a igualdade de oportunidades a través de referentes femininos inspiradores.

Primavera—Escritora, Verán—Científica, Outono—Activista, Inverno-Artista

Na Biblioteca Municipal Manuel María (Oleiros): exposición Mulleres bravas e loitadoras que abriron camiño. Mostra bibliográfica sobre mulleres que destacaron como científicas, no mundo das artes, na política, no deporte, etc. Pioneiras que venceron as barreiras que lles estaban impostas e ás que lles debemos o non dar nin un paso atrás.

Na Biblioteca Municipal Mª José Ruso (Dorneda): exposición titulada Igualdade de xustiza en feminino, para todos os públicos, composta por material relacionado coa temática da muller e a xustiza. Muller e desigualdade legal que existe arredor dela como leis discriminatorias, proteccións xurídicas deficientes e normas sociais nocivas que debilitan os dereitos das mulleres e nenas.

Na Biblioteca Municipal Mª José Trincado (Mera): Escritoras actuais. Escolma de obras dalgunhas das máis destacadas escritoras de hoxe dirixidas a un público infantil e xuvenil. Tamén contaremos con debuxos sobre o Día da Muller para que coloreen as crianzas.

Na Biblioteca Municipal Ánxel Fole (Nós): Dereitos. Xustiza. Acción. Para TODAS as mulleres e nenas. Mostra na que se aborda a temática do feminismo e as reivindicacións da muller.

Na Biblioteca Municipal Xograr Mendiño (Lorbé): Diversidade é a nosa forza. Igualdade é o noso dereito. Pequena exposición bibliográfica para destacar tanto a creatividade coma os logros das mulleres ao longo da Historia. Tamén teremos elaboración de carteis para conmemorar o 8M e recomendacións de lecturas enfocadas á igualdade de xénero.