Presentación

Qué somos e que facemos?

A gran maioría das obras públicas que se executan en Oleiros están realizadas a través dunha contratación externa,  ben a través dunha execución directa con medios propios (Servizos Municipais) ou ben por desenrolos urbanísticos, o financiamento destas obras e diversa, nuns casos financiamento unicamente municipal e noutros con fondos da Deputación Provincial ou doutros Organismos, que nos corresponden en virtude do número de habitantes.

Son obras municipais, por exemplo: os centros sociais e culturais, as instalacións deportivas, as bibliotecas, as escolas infantís de 0 a 3 anos, as infraestruturas, as beirarrúas, os viais, os parques e xardíns …

Tamén as accións senlleiras como as que teñen que ver coa recuperación e restauración do patrimonio histórico-artístico (Pazo de Arenaza, Rialeda, Castelo de Santa Cruz, Igrexa de Dexo, Casa da República, A Fábrica, Casa do Arxentino…)

Normalmente o Concello aborda obras de mantemento.

En canto ás vías públicas, son rúas municipais case todas, pero hai algunhas que son propiedade da Deputación, outras da Xunta e incluso algunhas do Goberno Central.

Outras obras públicas realízanse en colaboración con comunidades de veciños de cada lugar, especialmente si se trata de infraestruturas de condución de augas e saneamento.

O Centro Municipal de Formación Isaac Díaz Pardo colabora frecuentemente na realización de diversas obras públicas municipais, especialmente na dotación de mobiliario urbano.

Moitas obras públicas, especialmente prazas e xardíns, realízanse en paralelo con iniciativas inmobiliarias, xa que os proxectos parciais de construción de vivendas inclúen a obriga de mellora-lo entorno físico no que estas se asentan.

Tamén o Concello, mediante a Concellería de Obras Públicas, coordina, colabora e controla as obras feitas por outros organismos (Deputación, Xunta de Galicia ou Administración Central).

Asset Publisher

Back Instalación de sistema de biomasa na Piscina de Oleiros

 

O Concello de Oleiros solicitou axuda económica ao abeiro da Resolución do 9 de Abril de 2019, publicada no DOG Nº 80 do 26 de abril de 2019, na que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de enerxías renovables térmicas, para o ano 2019, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020. 

O proxecto municipal de “Instalación de sistema de biomasa na Piscina de Oleiros” cun importe total de 108.945,25€ contou cunha subvención do INEGA, Xunta de Galicia e do FEDER de 73.175,79€. 

A mellora na instalación supuxo a instalación dunha nova caldeira de biomasa para o sistema de calefacción, auga quente sanitaria e quecemento da auga dos dous vasos existentes.